domingo, 30 de setembro de 2012

[21 de] Outono

Outono.
Dicen que é un momento de transición. Non o creo. É un momento de realismo.
[De disfrutar das mantas gordas que ulen a casa, do roce quentiño das sábanas de franela, da quietude dos gatos enroscados que pechan e abren os ollos apaciblemente, instalados no calor das cociñas de ferro que asan castañas].
A tolemia expansiva do vrao (antes de que nos volvéramos definitivamente insanxs de tanta euforia delirante e ilusoria) xa mudou, por sorte. Calma chicha. Coma cando xs namoradxs, xa en reposo, empezan a recoñecerse como humanxs.
Chega así un día o realismo renovado. O realismo consciente do outono que da un pouco de medo, tan melancólico... e realista.
Xs galegxs sabemos que incluso o realismo pode ser máxico. O outono poida que tamén.