quarta-feira, 6 de março de 2013

Pido perdón


Pido perdón por ser chavista (ai, qué dixen!), pido perdón por recoñecerme pasionalmente no discurso do socialismo bolivariano. Pido perdón por non poder calibrar, por non poder argumentar complexo, con notas ao pé de páxina, con referencias aos postmodernos, aos postmarxistas, aos situacionistas, aos frívolos Andys Warhols.
Pido perdón por pensar a política irracionalmente, por tremer fronte a “Il quarto stato” na parede, fronte a unha bandeira republicana, fronte a Internacional có puño alzado... por pensar que a terra se divide entre ricxs e pobres, que uns acumulan e outrxs no, que uns son malos e outros bos. Pido perdón por dar crédito á miña nai cando me dicía “hai que xuntarse cós pobres!”. Pido perdón por ter uns pais que non sabían posicionarse políticamente máis alá da modernidade, que militaron toda a vida, que foron enganados dramáticamente polo grupo Prisa e por Europa.
Pido perdón por non escandalizarme có populismo, por non precisar ningún Laclau que mo explique. Pido perdón por sentir empatía cunha vella venezolana pegada a unha foto del Comandante que vin nun  periódico. Perdón por buscar bocas desdentadas e roupas humildes na xente que chora hoxe. Perdón por berrarlle á tele: “de quén son fillxs eses que preguntan insistentemente pola súa saúde?!” Perdón por pensar retorcidamente, por crer que estes e os de Miami están esperando un golpe, outro golpe, esta vez de sorte, que están esperando oir que Chavez morreu.
E Chavez morreu. 
Pido perdón por empatizar coa súa figura, por emocionarme có seu verbo, por desexar que a súa carne de revolución vivira por máis tempo... Perdón por namorarme. Como me namoro dun rapaz me namoro políticamente deste home - e non lle son capaz de ver os defectos- ainda que namorarse dunha revolución está prohibido, é raro, é tabú ilustrado, é, dicen, estar a un paso dun novo fascismo, é peligroso... logo pido perdón. Perdón, efectivamente, á Ilustración que separou os afectos cando separou os poderes, perdón a esa política higiénica europea, perdón ás corbatas de Bruxelas, ás editoriais supostamente ponderadas dos periódicos civilizados, aos Parlamentos de Occidente lavados con lexía, ao parquet brillante da bolsa neoyorkina…
Estou triste porque morreu Chávez, porque son internacionalista, porque teño medo do que esta morte pode significar para Venezuela, América Latina e máis aló...porque son unha romántica, que non inxenua, e porque eu tamén quero cambiar o reparto do mundo, roubar a Amancio Ortega e dárllelo axs desfiuzadxs. 
Pido perdón por estar triste hoxe (e enredarme neste post) e nin saber moi ben cómo decir por qué o estou.

sexta-feira, 1 de março de 2013

O Changhai Estrés

Ao irse achegando ao huso horario de Portugal -gañándolle tempo ao día- vanse mudando de forma os campanarios, e enchéndose as nubes.
Palabra de migrante.
Chaca, chaca, chaca, chaca...