terça-feira, 30 de abril de 2013

Du haut jusqu'en bas_ Paris-Buenos Aires

Llegó un invierno extraño en la primavera... y al mundo otra vez le han dado la vuelta;
desde este cono sur inesperado improviso una hora leyendo a Cortázar.
Qué mejor que perderse con uno que ni en una rayuela se encontraba?
Me voy a la cama contigo,
hasta mañana.



segunda-feira, 8 de abril de 2013

O feminismo é

Levo días dándolle voltas ao tema das tetas de Amina; porque finalmente parece que non se trata de Amina, nin de mulleres, nin de igualdade, senón dunhas tetas que parecen ser o desencadeante dunha polémica non sobre tetas, nin sobre desnudos, nin sobre fatuas, nin sobre imanes, nin sequera sobre mulleres, senón sobre o feminismo. Vale.
Levo días pensando sobre as FEMEN, sobre Amina, sobre as súas accións, o impacto, o sentido; e tamén sobre a resposta por parte do chamado feminismo islámico, feminismo musulmán...
Levo días (bueno, anos) pensando sobre feminismo, e finalmente esta é a conclusión á que chego despóis de ler este bien-pensante-respetuoso-con todxs artigo
Penso que o feminismo é político, que non mediático. Que é público, que non publicidade, é necesariamente efectivo sempre, que non efectista. Porque o feminismo, non só como epistemoloxía, senón cando é, garda no seu berce a práctica da igualdade e da xustiza social
Unha vez en Camerún escoitei a un tecnócrata europeo (perfil moi whasp) relatar impresionado e admirado unha protesta de mulleres en Ghana contra non recordo qué política do goberno, na que se posicionaban en primeira liña, cós peitos espidos diante da policía antidisturbios. Iso paréceme efectivo, non efectista.
Pra ilustrar o caso contrario, se me ocurre o exemplo da famosa moza yogui desnuda do 15M. Iso paréceme efectista, e non efectivo.
Non recoñezo de todo os métodos de FEMEN, porque dubido da relación acción-impacto desexado (ou que eu desexo...), pero tampouco recoñezo de todo os argumentos de Red musulmanas, e moito menos conceptos tan contradictorios e tan paradóxicos que se len e escoitan en moitas ocasións, tales como "feminismo occidental" ou "etnocentrismo europeizante" . Coma se en Europa só houbera unha etnia. Como se existira unha tal etnia europea, como si utilizar este termo non signifique pensar unha entelequia, caer no mesmo equívoco, non fora confundir a hexemonía coas periferias e mestizaxes, profusas, dinámicas, e fecundas tamén en territorio europeo, caro que sí.

Propoño deixar de definir o feminismo polo que non é (colonizador, blanco, occidental, europeizante), e reclamar o que sí é: persoal, político, sempre revolucionario, e universal, e por tanto, exento de binomios e de polarizacións (que si o feminismo occidental hexemónico contra todo o resto). Non existen feminismos hexemónicos, senón hexemonias contra as que loitamos as feministas.
Se a igualdade e o respeto á diferenza son universales, o feminismo tamén o é.
--