Na miña familia tiñamos por costume gardar as fotos dos vraos nos seus paquetitos, ben identificadas a boli: lugar, mes, ano.
Temos un caixón de “cuéntame enxebre” cheo de sobres que dicen así: O
Incio, xullo de 1983; O Incio, agosto de 1984; O Incio, xullo de 1985…
Eran vacacións aquelas de xente humilde, alí no Incio, entre
beso-verdad-condición, bicicletas BH, globos de auga... e xs maiores; queimadas, torneos de chave, de petanca… moito antes do boom do
turismo rural ben adecuado ás esixencias sibaritas dos neo- rurales de ciudad.
Recordo con moita intensidade (o que son os recordos de
infancia), o olor ás macedonias de merdas recién depositadas de vaca, de cabra,
de ovella… estas últimas moi divertidas, pois eran tempos de conguitos e
travesuras autocensuradas na imaxinación. Os bois, máis altos ca nós os nenxs, (qué
medo daban!) parecían auténticas bestas mitolóxicas.
Esa mistura na pituitaria é
a miña infancia máis preciada, máis ben gardada no faiado da memoria.
En contadas ocasións volvín a percibir ese olor familiar,
moi raramente nin sequera no rural catalán, como se a merda das bestas non
ulira igual nun pobo cá noutro… a dieta mediterránea, será.
Vrao do 2012 na Barcelona cosmopolita que deixa de ser
cidade de corpo presente prá vivir nostálxica dos seus Xogos Olímpicos de fai vinte! anos, de cando foi o centro do mundo nas prominentes gorxas de Freddy
Mercury e Montserrat Caballé.
Vinte! anos de concesión á propiedade privada, ó canallismo
arquitectónico e urbanístico e ó desenfreno guiri nas Ramblas, pero tamén de
xentes novas, bares chinos e milagrosos paquis sempre abertos cando falta o
sal. Still sofisticated city, though, I would say…
Qué mundos tan diferentes.
Entre os vraos na meseta do Incio
e este vrao de asfalto condal non hai prácticamente nada en común excepto eu…e
poida que nin tan só eso. Amargura?, non… teño os recordos moi ben gardados, e os reviso cando quero. Son
só meus.
Non recordo, agora que penso, ter decidido o que ía ser de maior, pero si
térmolo preguntado uns aos outrxs moitas veces. Dificilmente podería ter
acertado. “Precaria, nena. Serás precaria e non terás vacacións adultas: nin
viaxes en coche, nin queimadas polas noites, nin petanca, nin olor a merda máis
aló da que desprende a política nos periódicos de cada día".
Quedo aquí, pois, este augusto mes de agosto. Eu, que
prometera a todo o mundo e sobre todo a min, unha visita longa e pausada.
Quedo cós meus amigxs: Virginia Woolf e Mario Vargas Llosa (qué?!, ese fulano
facha?!; ai, si, ese facha, grandísimo escritor!), e a filmoteca de
Catalunya, a guinda do pastel da Rúa Sant Pau, aberta como excepción este ano
neste mes, prá o meu gozo, para facerme un gran favor… (gústame
fantasear e pensar que é por min e para min sola…)
Xa toleo. Quén me dera un pouco de orballo. Nesta calor que
nin Dios, o pensamento morriñento se derrite e desparrama no caderno… quén
puidera durmir esta noite… e soñar con Ferrería do Incio.
Lerte calmoume. Paz, cordura, sensibilidade, intelixencia. Veño dunha "asamblea" de vellos lobos e tou que trabo.
ResponderEliminar