sexta-feira, 10 de agosto de 2012

Barcelona, vrao do 2012


Na miña familia tiñamos por costume gardar as fotos dos vraos nos seus paquetitos, ben identificadas a boli: lugar, mes, ano. Temos un caixón de “cuéntame enxebre” cheo de sobres que dicen así: O Incio, xullo de 1983; O Incio, agosto de 1984; O Incio, xullo de 1985…
Eran vacacións aquelas de xente humilde, alí no Incio, entre beso-verdad-condición, bicicletas BH, globos de auga... e xs maiores; queimadas, torneos de chave, de petanca… moito antes do boom do turismo rural ben adecuado ás esixencias sibaritas dos neo- rurales de ciudad.
Recordo con moita intensidade (o que son os recordos de infancia), o olor ás macedonias de merdas recién depositadas de vaca, de cabra, de ovella… estas últimas moi divertidas, pois eran tempos de conguitos e travesuras autocensuradas na imaxinación. Os bois, máis altos ca nós os nenxs, (qué medo daban!) parecían auténticas bestas mitolóxicas. 
Esa mistura na pituitaria é a miña infancia máis preciada, máis ben gardada no faiado da memoria.
En contadas ocasións volvín a percibir ese olor familiar, moi raramente nin sequera no rural catalán, como se a merda das bestas non ulira igual nun pobo cá noutro… a dieta mediterránea, será.

O incio. Terra Brava.

Vrao do 2012 na Barcelona cosmopolita que deixa de ser cidade de corpo presente prá vivir nostálxica dos seus Xogos Olímpicos de fai vinte! anos, de cando foi o centro do mundo nas prominentes gorxas de Freddy Mercury e Montserrat Caballé.
Vinte! anos de concesión á propiedade privada, ó canallismo arquitectónico e urbanístico e ó desenfreno guiri nas Ramblas, pero tamén de xentes novas, bares chinos e milagrosos paquis sempre abertos cando falta o sal. Still sofisticated city, though, I would say…
Qué mundos tan diferentes.
Entre os vraos na meseta do Incio e este vrao de asfalto condal non hai prácticamente nada en común excepto eu…e poida que nin tan só eso. Amargura?, non… teño os recordos moi ben gardados, e os reviso cando quero. Son só meus.
Non recordo, agora que penso, ter decidido o que ía ser de maior, pero si térmolo preguntado uns aos outrxs moitas veces. Dificilmente podería ter acertado. “Precaria, nena. Serás precaria e non terás vacacións adultas: nin viaxes en coche, nin queimadas polas noites, nin petanca, nin olor a merda máis aló da que desprende a política nos periódicos de cada día".
Quedo aquí, pois, este augusto mes de agosto. Eu, que prometera a todo o mundo e sobre todo a min, unha visita longa e pausada. Quedo cós meus amigxs: Virginia Woolf e Mario Vargas Llosa (qué?!, ese fulano facha?!; ai, si, ese facha, grandísimo escritor!), e a filmoteca de Catalunya, a guinda do pastel da Rúa Sant Pau, aberta como excepción este ano neste mes, prá o meu gozo, para facerme un gran favor… (gústame fantasear e pensar que é por min e para min sola…)
Xa toleo. Quén me dera un pouco de orballo. Nesta calor que nin Dios, o pensamento morriñento se derrite e desparrama no caderno… quén puidera durmir esta noite… e soñar con Ferrería do Incio.