sexta-feira, 13 de janeiro de 2012

Medio século de "Longa Noite de Pedra"... e non será hora de que se faga de día? (perdonen a irreverencia).

Aire!, aire!, abride a ventá, por favor!; que entre a luz!.

http://xerais.blogaliza.org/2012/01/13/medio-seculo-de-%C2%ABlonga-noite-de-pedra%C2%BB-critica-de-armando-requeixo/

Cincuenta anos despóis semella que aínda pode haber algunhxs hacinadxs naquel burato.

Permítanme, excelentísimos, o atrevemento se lles digo humildemente que aí fóra hai todo un mundo, e non sendo moi intelectual, paréceme telo visto ou polo menos, intuido. En cincuenta anos, a algunhxs xa lles deu tempo a ir e vir cincuenta veces. Miren: saíron á rúa en Praga, mandaron ós tanques, e volveron pa' casa; saíron á rúa en Francia, marchou De Gaulle, e asaltaron os parlamentos; saiu o postmodernismo ao salón, viu a crise, e nos fixemos algo marxistas outra vez. O Ché... morreu!, Cuba últimamente cheira a católica. Ah!, e China... China é capitalista!!.

Non vexo nada de malo, ao contrario, en reclamar o valor artístico, social, histórico dunha obra do calado e importancia de Longa Noite de Pedra e de recoñecerlle o que supuxo para o noso país e a nosa identidade. Non hai nada máis xusto que reclamala, lela, relela, desgranala, desfiala en múltiples flecos e salientar os trazos da súa atemporalidade. Pero tomada como un monolito, forzando unha lectura contemporánea só pode ser anacrónica. Convirte o noso patrimonio artístico no inmovilismo do "tempo pasado sempre foi mellor".
Flaco favor lle facemos a esta obra cando a interpretamos en clave dialéctica (non superada!), en clave de tesis-antítesis-síntesis, convertida nunha cuestión de fe, nunha biblia que anuncia o advenimento dun mesías (non se sabe quén) en forma de liberación definitiva (non se sabe cómo).


A intelligentsia, preocupadísima, nunha asamblea
Parafraseando a Deolinda; qué parva que eu son!. Pensaba que en cincuenta anos, algo teríamos vivido.

Nos di a intelligentsia que hai que permanecer agazapadxs nas sombras agardando aos bardos que nos liberen da caverna, que así ten que ser para poder chamarnos galegxs.

Quen me dera emanciparme dos bardos, qué pesados!, saír do burato e facer un pic-nic.

1 comentário: